A asemblea aberta do BNG reunímonos en Igrexafeita hai dúas semanas para aprobar a composición da lista electoral para as eleccións municipais do próximo mes de maio. Somos 21 nomes procedentes das sete parroquias do municipio e cunha paridade de xénero case total dentro do que permite o número (10 mulleres e 11 homes). Xente con ganas de traballar desde o Concello na procura dun novo modelo que lle volva ás persoas os dereitos, as liberdades e a soberanía sobre o seu futuro que lles foi arrebatada polo bipartidismo nos últimos anos.
Trátase dunha candidatura con oito novas incorporacións con respecto á de 2011 e na que se mestura a experiencia na xestión municipal co pulo e as ideas frescas da mocidade. Entre todos e todas confiamos en revalidar unha maioría suficiente para continuar transformando San Sadurniño.
O BNG-Asembleas Abertas organizou nos últimos meses varios encontros coa veciñanza co obxectivo de sumar propostas e puntos de vista a partir dos que construír o programa co que se presentará ás eleccións de maio. Temos practicamente listas as liñas estratéxicas do programa electoral, ao que calquera persoa pode facer achegas que se incorporarán ao documento definitivo.
Podedes darnos ideas no facebook da agrupación local, a través da web www.bng.gal/sansadurninho, ou contárnolas persoalmente en calquera momento. Participade con total liberdade e coa coa garantía de que se terán en conta todas as propostas.
Para estas eleccións o BNG non vai facer envíos de propaganda electoral nin tampouco dos sobres coas papeletas. Segundo os cálculos do Bloque, se todos os partidos adoptasen a mesma postura poderían aforrárselle ao Estado 2 millóns de euros só en Galicia. San Sadurniño sabe de sobras o poder transformador que ten un voto e goza da madurez democrática necesaria para exercer en conciencia e liberdade ese dereito.
Lista aprobada polo BNG-Asembleas abertas
1- Secundino García
2- Sabela Íñiguez
3- Manolo Varela
4- Amparo Calvo
5- Suso Soto
6- Ana Belén Breijo
7- Manolo Beceiro
8- Mari Carme Muíño
9- David García
10- Lorena Bouza
11- David Arnoso
12- Pilar Cebreiro
13- Tomás Calvo
14- Raquel Rivas
15- Pedro Rodríguez
16- Vanessa Martínez
17- Dani Felgar
18- Oriana López
19- Jaime Vigo
20- Mª Carme García
21- Pepe López Gudín
No hay comentarios:
Publicar un comentario