Temos xa un deputado. Este martes votouse na xunta electoral quen serán os nosos representantes no órgano provincial. Á Deputación da Coruña correspóndenlle 31 escanos, dos que o PP obtivo 17, o PSOE 9 e o BNG 5. Ocorre que o pleno das deputacións se nutre dos concelleiros electos en cada partido xudicial e aos de Ferrol e Ortigueira, tócalles achegar cinco en conxunto.
Seguro que xa sabedes os nomes e a distribución: Diego Calvo e Miguel de Santiago por Ferrol e Narón respectivamente, Julio Iglesias e Montse García por Ares e As Pontes, e, por último -aínda que non menos importante- Xesús Soto por San Sadurniño.
A votación dos deputados causou malestar entre algúns históricos populares como o alcalde das Somozas, quen sinalou que non elixir deputados dos concellos rurais "é unha falta de respecto á zona norte e aos concellos máis pequenos". Non lle falta razón a Candocia, da nosa zona incorporaranse ao pleno provincial tres depuntados da banda da ría e unha das Pontes, é dicir, de concellos que pasan con moito dos 5.000 habitantes e mesmo multiplican varias veces esa poboación, como Ferrol e Narón. De Ortigueira e arredores non haberá ningún representante.
Suso Soto é, malia entrar formar parte da oposición, quen aparece como único capaz de elevar ao pleno provincial aqueles asuntos que máis lles preocupan aos concellos que van de Trasancos até o Barqueiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario