Tal e como se recolle neste manifesto, o BNG “aposta polo levantamento do veto á antiga Astano e a modificación do decreto do carbón, na liña de garantir a produción enerxética na factoría das Pontes e a defensa dos postos de traballo”.
O BNG aposta polos concellos como factores dinamizadores da economía e isto implica “unha defensa dos sectores produtivos, do pequeno comercio, así como por unha política de fomento do turismo asociado ás potencialidades patrimoniais”. Tamén se recolle neste manifesto, “a necesidade da vía de Alta Capacidade como unha premia básica para garantir o desenvolvemento socioeconómico das comarcas do Eume, Ferrolterra, Ortegal e a Mariña”.
Os concellos como dinamizadores
Nesta situación, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, indicou que “os concellos poden e deben ser axentes activos fronte ao paro e a precariedade” e advertiu de que “as outras forzas políticas van dicir o mesmo ca nós pero a pregunta que nos temos que facer é se é críbel que as forzas políticas gobernantes en Galiza e en Madrid e causantes desta situación vaian facer unha política diferente ou contraria á que están practicando”.

“Non o van facer”, advertiu o líder do BNG, “actuarán como sucursais” e insistiu na importancia de pensar o que pode facer o PP nos concellos “cando ten un señor presidente da Xunta que di que non pode facer nada fronte ao paro e que nada fai por resolver os problemas dos galegos e galegas. Non van facer nada diferente nos concellos, digan o que digan en campaña electoral”, concluiu.
“Nós sabemos que coa forza da xente hai futuro”, asegurou Guillerme “e esa forza ímosllela pedir humildemente a todos os cidadáns e cidadás de Ferrolterra para poder seguir transformando positivamente a realidade dos nosos concellos”.
Tal e como reiterou o líder nacionalista, o BNG presenta a estas eleccións homes e mulleres “con experiencia política, con traballo contrastado e con proxecto e futuro, persoas que teñen na súa cabeza o proxecto para o seu concello e saben como levalo adiante”.
“Son candidatos e candidatas con vontade de gobernar e con posibilidade de facelo”, continuou Guillerme, ao tempo que asegurou que “estamos seguros de que os cidadáns e cidadás aprecian o labor do BNG, tanto no goberno como na oposición dos concellos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario