A nova de que eramos o concello máis verde do Estado converteu San Sadurniño nun fervedoiro de medios durante esta semana e maila pasada. Quen dixo tal cousa foi El Correo Gallego e, a partir de aí, o resto. Radio Nacional, Onda Cero, La Sexta, Xornal, Vtelevisión, e TVE, entre outros, xa se interesaron polas políticas que desenvolvemos en materia de sustentabilidade.
Levamos traballado moito, pero é algo excesivo dicir que somos "os máis...". Seguro que hai máis concellos en España que promoveron entre a veciñanza a compra conxunta de paneis solares térmicos. Tamén é seguro que hai centos de vilas con programas de compostaxe caseira. Estou certo de que hai consistorios nos que, igual ca nós, reduciron a factura eléctrica reordenando os alumeados públicos, controlando o que as eléctricas queren cobrar e metendo bombillas de baixo consumo en todos os edificios municipais. Por suposto, creo que haberá moitos concellos nos que a recollida do lixo é tanto ou máis efectiva que a nosa, aínda sendo a de San Sadurniño unha das que ten menos "impropios" de toda Galiza. Ata haberá municipios que aposten pola preservación de especies autóctonas de todo tipo e que promovan o consumo responsable.
Se somos os máis en algo, creo eu, é en que fomos quen de poñer en marcha todas estas medidas en menos de catro anos cunha grande implicación social. Ao longo destes días seguramente vexamos San Sadurniño na televisión varias veces. Avisareivos a través do meu facebook e do do BNG.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarDe seguro que sodes dos máis "autenticos". Esa é unha boa base para poder destacar noutros eidos. Ademáis, estas noticias soen xurdir de estadísticas, que son sempre frias, pero... que caralho!!... si o din elas... será verdade. Tanto que son usadas para convencer, demostrar, incluso xustificar cousas. Noraboa.
ResponderEliminar