Fálame sempre que me vexas. É unha frase que temos empregado centos de veces para saudarmos a quen hai tempo que non vemos. Eu fágoa miña nesta ocasión porque quero que me faledes sempre que me vexades e se non me vedes, tedes unha chea de camiños para contarme o que queirades.
Estamos ultimando o programa de goberno 2011-2015 co que nos presentamos ás eleccións municipais do mes de maio. Por iso é tan importante que nos fagades chegar as vosas inquedanzas. Podedes facelo a través do meu facebook, polo twitter, neste blog a través dos comentarios e tamén neste enderezo de correo electrónico ao que podedes enviarme calquera proposta ou achega que nos axude a mellorar o noso concello.
Ah, e sempre podedes falarme a min ou a calquera dos membros da candidatura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario