Pica na imaxe para agrandala |
Maioría absoluta. Sete concelleiros, dous máis que hai catro anos e case o dobre que PP e PSOE xuntos. En total obtivemos 1.282 votos, mentres que o PP recibiu o apoio de 600 electores e o PSOE o de 300. Son números, só iso. Indican o apoio maioritario a unha opción política e tamén nos din que 900 veciños e veciñas prefiren proxectos distintos ao do BNG. Nos próximos catro anos queremos seguir traballando como até agora procurando ademais gañar a confianza de quen aínda ten prexuízos contra o nacionalismo ou de quen desconfía -a pesar do traballo feito- de que sexamos capaces de gobernar con eficiencia e eficacia un concello que é de todos.
Estamos en tempos difíciles e poden poñerse aínda máis feos. Tócanos gobernar nesa realidade sobrevida e tócanos tamén botarlle imaxinación para que San Sadurniño a note o menos posible. Fai falla que os 2.198 que votamos arrimemos o ombro nun proxecto común ao que tamén se deben sumar os 580 que quedaron na casa.
En calquera caso, grazas a todos e a todas por facer de San Sadurniño un sitio diferente e cun grande futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario